| Etnografía |
|
|
|
| Saturday, 30 de May de 2009 | |
|
ETNOGRAFÍA Unha importante parte da cultura e a historia dun lugar son as súas tradicións, os seus costumes e o seu modo de vivir en sociedade e subsistir, basicamente eso é a etnografía dun pobo. Aguiño ten unha etnografía rica en cultura con lendas que pasaron oralmente de xeración en xeración até os nosos días como a de Roldán e a Serea de Sálvora, a da Cidade de Valverde que empezaría nos Pericos ou Porto Baixo, a das Pedras Vivas de Couso ou dos Oestrimios e Saephes, a da Cova de Santa Catalina e a fonte milagreira de Sálvora, a dos Mouros dos Castelos… Pero tamén a etnografía son as festas que en Aguiño se fan e fixeron, dende a tradicional festa do Carme, na honra da nosa Patroa pero xa interior á creación da Parroquia de Aguiño dado o carácter mariñeiro do noso pobo, ata a dos Maios, a Romaría do Neno Deus en Couso ou as fogueiras do San Xoán, por non citar a tradicional participación na Romaxe de Crentes Galegos ou a implicación en festexos estendidos a tódolos lugares como o Entroido, a Semana Santa, o Samaín e/ou Magosto ou o Nadal entre outras. Outra particularidade etnográfica de Aguiño son os oficios, os artesáns do mar que sobreviven aínda na actualidade con oficios ancestrais que naturalmente se modernizaron como o dos carpinteiros de ribeira (o taller de dornas de Domingos Ayaso ou os Astaleiros Aguiño), o de redeiras (como as Sordas, Lorcheiras, Pírulas, etc) que traballan no inverno na súa nave ou galpón e no verán baixo os parasois no porto do noso pobo, pero tamén o de cordieiro, foliador, cesteiro, canteiro, ferreiro, zapateiro, taberneiro, panadeiro…, sen esquecer o de mariñeiro e mariscador, ou naturalmente o de regateira, costureira, fiandeira, tecelá, leiteira e a condición sobradamente coñecida de emigrante a todos os confíns da terra (América do Sur e do Norte, Europa, Asia, África e incluso Oceanía). Tamén é importante resaltar o arte existente no noso pobo, así contamos cun dos maiores artistas recoñecidos internacionalmente no gravado e a pintura como é Manuel Ayaso (Manolo de Ríos), escultores como José Gude ou Jontxu Argibay no taller Arteleira, músicos e compositores como Francisco Alonso, David Fernández ou Natalia Rey sen esquecer naturalmente a Rondalla de Aguiño e a Orquestra de Cámara, artistas de miniaturas náuticas como José Manuel García ou Manuel Ribademar…, e un montón de intelectuais en todos os campos como o noso Aguiñés de Honra, Andrés Torres Queiruga e o que da nome á nosa entidade, Francisco Lorenzo Mariño. Todo esto forma parte da etnografía dun pobo, do mesmo xeito que a fomentan, promoven e conservan as asociacións; sen dúbida é o tecido social de Aguiño unha arma de desenvolvemento veciñal e cultural, de protección e difusión do noso pobo, polo que debemos apoiar ás entidades, fortalecelas co noso compromiso e a nosa colaboración. |
| < Anterior | Siguiente > |
|---|





