50 Aniversario

logo_50_aniversario.jpg

USUARIOS






¿Recuperar contraseña?
¿Quieres registrarte? Hazlo aquí
 
Secretaria Xeral de Política Lingüistica
Historia PDF Imprimir E-Mail
Saturday, 30 de May de 2009

CREACIÓN DA PARROQUIA DE AGUIÑO

Corrían por aí os antigos rumores de que hai zoas deste pobo que se consideran de Carreira, sendo realmente, con carácter eclesiástico, territorio da parroquia da Nosa Señora do Carme de Aguiño; polo que para intentar clarexar este tema, e por consideralo de grande interese para os veciños e visitantes, sen ánimo de ferir a ninguén e aproveitando para saudar ós nosos queridos veciños da parroquia irmá, imos basearnos no Decreto Arzobispal de 9 de maio de 1959, asinado polo cardenal Quiroga Palacios, Arzobispo de Compostela, no que se producía o desmembramento da parroquia de Carreira para orixinar a creación da parroquia de Aguiño, e da que este ano estamos a conmemorar o 50 Aniversario. No citado decreto (en castelán , pero que nós traducimos ó galego) dase apertura a este tema da seguinte maneira: “(...)chegadas numerosas e espontáneas informacións a este Arzobispado, a desmembración da parroquia de San Pelaio de Carreira, no Arciprestazgo de Postmarcos de Abaixo, creando co territorio e pobo que se lle segrega unha nova parroquia; e resultando de dito expediente, que, dado o numeroso e crecente vecindario da actual parroquia de Carreira, diseminado nun extenso territorio, con longas distancias á Igrexa (...), e tendo en conta, que unha vez realizada a segregación quedarán ambas parroquias máis que suficientemente cóngruas; de conformidade co establecido nos cánones 1427 e 1428, e, dacordo co parecer favorable das partes interesadas, de tódo-los párrocos consultados do Exmo. Cabildo Catedral e Promotor de Xustiza ou Fiscal Eclesiástico, vimos en decretar e polo tanto decretamos o seguinte: 1º.- Segregamos da parroquia de San Pelaio de Carreira a zoa suroeste da misma, integrada polos lugares de Aguiño, Listres, Graña, Couso e illa de Sálvora, e creamos e canónicamente eriximos, con este pobo e territorio, unha nova parroquia independente, baixo o nome e advocación de Nosa Señora do Carme de Aguiño. 2ª.- Constituirá a divisoria das dúas parroquias, a antiga e a nova, unha línea, sinalada con mojones de pedra, colocados ó efecto, que partindo do sur da Lagoa de Vixán, donde se situou o primeiro mojón, e pasando polo norte do lugar de Listres continúa polo este deste mesmo lugar para terminar no sur da Praia do Castro, na ría de Arousa. 3º.- Tanto a antiga parroquia de San Pelaio de Carreira(...), como a nova de Nosa Señora do Carme de Aguiño, terán a categoría de Ascenso e dereito a Coadxutor. 4º.- Mentras non se construia a correspondente igrexa parroquial, que terá por titular, igual que a parroquia, a Nosa Señora do Carme, e que, podendo ser, ubicarase nas proximidades do cruce das carreteras de Aguiño a Carreira e a de Castiñeiras, utilizarase para o servicio parroquial o actual local-capela de Aguiño ou outro que lexitimamente o sustitúa (...). 6º.- Este Decreto, que terá que publicarse no Boletín Oficial da Diócesis e ser leido, ó Ofertorio da Misa de un festivo, na igrexa parroquial de Carreira e no local-capela de Aguiño, entrará en vigor ás doce da noite do trinta de xuño do ano en curso (...). Dado no Noso Palacio Arzobispal de Santiago de Compostela, asinado da Nosa man, selado co Maior das Nosas Armas e refrendado polo Noso Canciller-Secretario (...) en Santiago a nove de maio de 1959. FERNANDO, Cardenal QUIROGA “ Tamén se di en Decreto de 21 de setembro de 1959 o seguinte; “En virtude do concurso xeral de parroquias celebrado nesta Archidiócesis os días 3, 4 e 5 do mes de febreiro do presente ano (...), tivemos a ben facer os seguintes nombramentos de curas párrocos: Párrocos en Ascenso; AGUIÑO, Nosa Señora do Carme, a D. Francisco Lorenzo Mariño, ata o de agora Coadxutor de Sta. María de Sada”. Don Francisco Lorenzo chegaba á parroquia de Aguiño o 30 de setembro de 1959 para ser párroco titular ata o momento da súa morte o 16 de xaneiro de 2004.




 
< Anterior

Colabora

Patrocinadores










AFLM

CONTADOR DE VISITAS