|
Servicio de Drogodependencias

Edificio do servicio de drogodependencias. |
Este servicio ó cidadán leva funcionando desde 1993, logo de adoptar como sé unha ex-
residencia da Marina, situada á altura do número 172 da avenida de A Coruña e a
carón da praia de Coroso. O Centro foi premiado co certificado de calidade ISO
2000, convertíndose no primeiro centro ambulatorio con este recoñecemento en
toda España.
3 Parcelas
O Servicio de Drogodepencias divídese en tres subseccións:
U.A.D. Unidade de Asistencia a Drogodependentes. Módulo asistencial que se
ocupa do tratamento ao toxicómano.
Unidade de Día. Módulo educativo e de tempo libre. Espacio de portas abertas
para favorecer un contacto co toxicómano de maneira normalizada e
desdramatizada.
Plan Comunitario Municipal. Dispositivo que prepara a comunidade para que
acolla a ex-toxicómanos sen recelo. Realiza un labor de concienciación. A
actuación prodúcese en varias liñas:
- Reducción do alcolismo en determinados grupos de poboación como os mozos, os
mariñeiros ou as amas de casa.
- Descenso do consumo de medicamentos sen
prescripción facultativa.
- Concienciación a través de medios de
comunicación.
- Apoio na consecución dunha completa inserción laboral.
Cadro de Persoal
O grupo de traballo componse de: 2 psiquiatras, 3 psicólogos, 1 traballadora
social, 1 pedagoga, 1 ATS, 1 avogada, 1 auxiliar de clínica, 2 administrativos,
2 profesores de Primaria e 1 mestre carpinteiro. O equipo directivo está formado
polo xefe de servicio, Jesús Cartelle, secundado
pola subdirectora.
Ocasionalmente, colaboran investigadores ou docentes que proveñen da
Universidade de Santiago de Compostela, coa que o Servicio de Drogodependencias
está ligada mediante un Convenio.
Instalacións
Na planta baixa deste edificio, que foi propiedade da Marina, atópase o
módulo de asistencia; e tamén se encontran os despachos de cada membro do equipo
facultativo e dos responsables do Plan Comunitario. Este andar conta asimesmo
con laboratorio, verdadeiro centro neurálxico das instalacións, sala de estar e
un posto de atención ó público. Na primeira planta sitúase o módulo educativo,
composto por tódalas aulas-obradoiro (alfabetización, graduado, etc.) e dunha
sala de estar. A segunda planta utilízase como almacén de material pero aínda se
está a remodelar para acondicionar por completo as instalacións e dotalas de
máis espacios, entre eles unha grande aula onde se impartirán clases especiais
de determinados colaboradores.
Balance
En Galicia atopamos tan só 17 centros ou dispositivos similares ó ofrecido
polo Servicio de Drogodependencias de Riveira. Nos 10 anos que se acadaron en
2003, un total de 500 persoas foron rehabilitadas, o cal supón 50 cada ano, unha
cifra estimable: practicamente cada semana se recupera un paciente que logra
saír da súa opresiva adicción.
Contactos
Teléfonos. 981 873827 / 981 835663
Teléfono da Unidade de Día:
981 870559 / Fax: 981 873824
Subir
 |