Alcaldía Composición Calendario Normativa
.

Atópase vostede en: Servicios > Servicio de drogodependencias > Introducción

.

     
Noticias
.
.
Trámites en liña
.
.
Cultura
.
.
Deportes
.
.
Lonxa
.
.
Srv. Drogodepencias
  Labor e actividades
  Fala o Xefe de Srv.
.
Formación/ Emprego
.
.
Servicios Sociais
.
.

 

 

Entrevista a Jesús Cartelle:
Xefe de servicio da Unidade de Asistencia ó Drogodependente


Xefe de Servicio.
J. Cartelle Fernández.

Jesús Cartelle leva 17 anos da súa vida entregado á axuda a persoas que sufriron a cara máis amarga da droga. Comezou a súa andaina en Ferrol, para continuar xa preto do Barbanza, en Noia. Dende o 1993, é dicir, dende que funciona a Unidade de Atención ó Drogodependente,  traballa como xefe de servicio en dita área.

(p: Pregunta / r: Resposta)

(p) Logo dun decenio, ben podes realizar unha valoración e sopesar os maiores logros e as maiores dificultades.

(r) O maior logro é contar cun equipo moi cohesionado, que crea un ambiente de traballo excelente. Aquí fomos capaces de coidar detalles que ó final significan moito coma o feito de non obrigar a esperar ó paciente, ou se-lo máis atento posible e amable.

(p) Como xefe de servicio, ¿cómpeteche a ti exclusivamente a responsabilidade da toma de decisións?

(r) Temos sistemas de consenso e a consulta realízase a todos pero a última decisión é miña. Aínda que para iso está a figura da dirección, compartida por min coa sub-directora, coa que se discuten certos aspectos.

(p) ¿E qué obxectivos vos marcades agora?

(r) Nestes últimos anos a meta era acadar o certificado de calidade que vimos de obter. E iso significa que a xente está satisfeita e contenta. A partir de aquí, o noso novo paso a conseguir será, aínda que sone algo pretencioso, asinar un convenio con dúas universidades españolas de cara a propósitos docentes (orientados tanto a alumnos como a profesores)

(p) Coa túa experiencia, ¿qué dirías que é o máis importante á hora de tratar con drogodependentes?

(r) Sempre digo que somos como artesáns, que isto debería chamarse artesanía, porque o verdadeiramente fundamental é o trato, con tacto e sensibilidade, que se lle dispensa á outra persoa. E o trato debe ser igual ó que se lle dá a calquera outra persoa que sufra unha enfermidade. Comprensión e apoio.

Subir

 
Seccións destacadas:
.
nn nn nn
.

.

.
Todolos contidos e fotografías publicadas en este Web Site pertencen o Concello de Riveira.
Para máis información chama ó teléfono do concello: 981.871.050
Porfavor notifica erros de funcionamento ou consulta dúbidas do Web no seguinte medio:
 soporte@riveira.com
.