Alcaldía Composición Calendario Normativa
.

Atópase vostede en: Servicios > Lonxa > Día a día

.

     
Noticias
.
.
Trámites en liña
.
.
Cultura
.
.
Deportes
.
.
Lonxa
  Día a día
  Expansión
.
Srv. Drogodepencias
.
.
Formación/ Emprego
.
.
Servicios Sociais
.
.

 

 

O Crecemento e a Expansión da Lonxa


Lonxa ata 1991. Na actualidade oficina de Portos de Galicia.

A intensa actividade marítimo-pesqueira que levou da man ó desenvolvemento urbán e social de Riveira desde finais do s. XVIII de maneira case ininterrumpida tivo un dos seus momentos culminantes en 1916. O primeiro día deste ano inaugurouse a Lonxa de Subhastas de Pescado de Santa Eugenia de Riveira, pola que tanto se loitara dende ben tempo atrás. Na zona coñecida como Laxes do Castelo, onde agora se atopa a Praza de Abastos, ergueuse un pequeno edificio, berce e primeiro paso da que no futuro chegaría a ser unha das lonxas máis competitivas e de maior diversidade biolóxica de toda Galicia.

A evolución crecente do sector obrigou á construcción dunha nova sede: o edificio que ocupou ata o ano 2000 o que agora é un aparcadoiro xusto en fronte do recinto da Lonxa actual, a carón da Praza de Abastos e diante de varios locais de ocio emblemáticos da vida mariñeira da cidade. Este proxecro da Lonxa de Contratación de Pescado acometeuse entre o 1942 e 1943, previa concesión marítima e segundo os planos encargados ó arquitecto coruñés Santiago Rey Pedreira. A bonanza económica deixábase sentir, e o volume de peixe e diñeiro aumentaba acompasado cunha demografía que ancheaba a súa pirámide de poboación. O seguinte chanzo acadouse, xa na etapa democrática, coa edificación da nova lonxa nas instalacións que agora albergan a delegación de Portos de Galicia, dentro da superficie portuaria. Finalmente, en 1991 chegouse á ubicación actual. Unha enorme nave duns 4000 metros cadrados de superficie, financiada por Portos de Galicia e de titularidade municipal, acolle agora a actividade diaria de centos de persoas que se sacrifican a cotío para ofrecérennos as riquezas mariñas. Só por lanzar algún dato que refrende esta expansión crecente, malia as sempre presentes fluctuacións, desde o ano 1985 ata o 2002, o volume de vendas producido na Lonxa riveirense ronda os 400 millóns de euros.

Subir

 
Seccións destacadas:
.
nn nn nn
.

.

.
Todolos contidos e fotografías publicadas en este Web Site pertencen o Concello de Riveira.
Para máis información chama ó teléfono do concello: 981.871.050
Porfavor notifica erros de funcionamento ou consulta dúbidas do Web no seguinte medio:
 soporte@riveira.com
.