| |
Instalacións Deportivas do Concello
Os cidadáns do concello de Riveira teñen á súa disposición un bo número de
instalacións deportivas das que facer uso cando desexen practicar deporte.
Velaquí unha relación do que se pode atopar nas distintas parroquias.
En Santa Uxía:
Pista de baloncesto, de cemento. No Parque Pedra Pateira.
Pista de tenis e de fútbol sala, de cemento, superficie pulida. En O Touro
Pista de tenis e de fútbol sala. En Deán.
En Oleiros:
Circuito de terra de 2 quilómetros para karts e autos teledirixidos.
En Artes:
Pista de baloncesto. Nas inmediacións da igrexa parroquial de San Xulián de
Artes.
Pista polideportiva de baloncesto e fútbol sala. Nas instalacións do Centro
Recreativo de Artes.
En Corrubedo:
Pista de fútbol sala. En Teira, dirección centro de Corrubedo, tomando un
desvío á dereita.
En Carreira:
Pista de baloncesto de pequenas dimensións, de cemento. En Parte ó Río.
Pista de tenis. Nos lindes do Parque Dunar, lugar de O Vilar.
En Castiñeiras:
Pista polideportiva de fútbol sala, tenis e baloncesto. En Os Areeiros, nas
inmediacións da praia do Castro.
En Palmeira:
Pista de fútbol sala e baloncesto. No casco urbán, nas inmediacións do Clube
do Xubilado.
Ademais, os cidadáns do municipio contan coas instalacións dos centros
educativos de titularidade pública:
- Pista de fútbol e pista polideportiva cuberta; no recinto do C.P. "O Grupo",
na rúa Miguel Rodríguez Bautista, 22, de Santa Uxía.
- Pista polideportiva; no recinto do I.B.M. de Coroso.
- Pista polideportiva de cemento; no recinto do I.E.S.
de Coroso.
- Pista polideportiva de baloncesto e fútbol sala; no recinto da Escola de
Náutica, no Paseo de Coroso.
- Pista polideportiva; no recinto do C.P. de Palmeira, na rúa de Moldes.
- Pista polideportiva; no recinto do C.P. de Frións.
- Pista polideportiva; no recinto do Instituto de Ensinanza Secundaria "Leliadoura",
en Frións-Carreira.
- Pista polideportiva; no recinto do C.P. Olveira.
- Pista polideportiva; en Deán Grande, na Avenida de A Coruña, 130.
- Pista polideportiva; no recinto do C.P. de Aguiño, en Listres e en Pé do
Corniño.
A disposición de calquera riveirense tamén se atopan as instalacións do
complexo deportivo de A Fieiteira (a pista polideportiva, o ximnasio e a pista
cuberta de atletismo e tapices de goma), o Pavillón Santa Uxía, no Paseo de
Coroso, e o pavillón de Sirves. Pódese facer uso delas a calquera hora, pero é
preciso reserva-la instalación poñéndose en contacto co Concello e abonando a
cantidade de 10 € (o servicio é gratuíto para menores de 18 anos e maiores de
65).
Subir
 |