Alcaldía Composición Calendario Normativa
.

Atópase vostede en: Servicios > Deportes > Actividades

.

     
Noticias
.
.
Trámites en liña
.
.
Cultura
.
.
Deportes
  Actividades
  Escolas deportivas
  Historia deportiva
  Instalacións
  Gala do deporte
  Clubes
  Ximnasios
.
Lonxa
.
.
Srv. Drogodepencias
.
.
Formación/ Emprego
.
.
Servicios Sociais
.
.
 

Escolas Deportivas

Este servicio municipal está xa, despois de anos de andadura, plenamente consolidado. Centos de rapaces inícianse e desenvólvense en distintas modalidades deportivas. En Setembro acelérase a planificación destas actividades, para as que hai un determinado prazo de inscrición que remata a mediados de Outubro e un número limitado de prazas. A actividade prolóngase ata principios do mes de Xuño, coincidindo co fin do curso académico.

Para informarse con máis detalle sobre a inscrición ou outros temas, non hai máis que acudir ás Oficinas do Patronato Municipal de deportes, no edificio do Auditorio Municipal, abertas ás mañás ata as 2 da tarde. Os prezos para as Escolas Deportivas rondan os 42 € para os mozos e os 84 € para os adultos, incluído o dereito ó transporte público para asistir ás clases.

Nas Escolas Deportivas os rapaces adestrarán unhas 3 horas semanais en horarios de tarde/noite, axeitados ás necesidades que lles impoñan os horarios de actividades tanto escolares como extraescolares. Os locais para as clases serán ben no pavillón polideportivo de A Fieiteira, ben no polideportivo de Santa Uxía, ou ben, para a práctica de tenis e/ou patinaxe, o polideportivo de Sirves (tamén para a práctica de atletismo se disporá das instalacións ó aire libre do Complexo de A Fieiteira). Ofértanse os seguintes deportes:

  • Ximnasia Rítmica. De 6 a 15 anos.
  • Baloncesto. De 10 a 15 anos.
  • Artes Marciais. De 6 a 15 anos.
  • Actividades ximnásticas e acrobáticas. De 6 a 15 anos.
  • Fútbol. de 10 a 15 anos.
  • Tenis. De 6 a 15 anos.
  • Patinaxe. De 6 a 15 anos
  • Atletismo. De 6 a 15 anos.

Escola Multideportiva. De 6 a 9 anos. Ensínanse os fundamentos básicos de Baloncesto, Fútbol e Balonmán.

Unha novidade relativamente recente é a inclusión de Escolas Deportivas orientadas a adultos. Estes teñen a posibilidade de practicar tenis ou ximnasia de mantemento (simple ou combinada coa natación).

Ademais destas Escolas Deportivas xa consagradas, novas actividades dan cabida ás crecentes e entusiastas xeracións máis novas, ansiosas por derrocha-la súa enerxía nos máis variados deportes. Para iso se organiza unha boa presa de actividades máis.

Subir

 
Seccións destacadas:
.
nn nn nn
.

.

.
Todolos contidos e fotografías publicadas en este Web Site pertencen o Concello de Riveira.
Para máis información chama ó teléfono do concello: 981.871.050
Porfavor notifica erros de funcionamento ou consulta dúbidas do Web no seguinte medio:
 soporte@riveira.com
.