| Introducción O deporte, o exercicio físico, é unha actividade fundamental para o
equilibrio da persoa, e ningunha cultura desdeñou a súa importancia. Non temos
máis que ir ó berce da nosa civilización, á Grecia clásica, onde os seus xogos
olímpicos eran a proba palpable de que o lema, coñecido aquí na súa fórmula
latina "mens sana in corpore sano", non era unha cáscara sen noz dentro.
O Patronato Municipal de Deportes de Riveira leva máis dun decenio volcado en corpo e
alma na promoción das actividades deportivas en todo o municipio, e, malia que
queda moito por facer e andar, os resultados saltan á vista: as opcións de
practicar distintos deportes multiplícanse para os cidadáns e varios clubes do
concello acadaron nos últimos anos logros a nivel autonómico e estatal,
impensables ata hai ben pouco neste recuncho do noroeste peninsular.
Competicións Deportivas
O Concello organiza cada ano diversas competicións:
Maratón de Fútbol Sala Concello de Riveira. Celébrase en Xullo no pavillón
polideportivo "A Fieiteira". Aberto a tódalas categorías, dende benxamíns ata
senior.
Travesías a Nado; praias de Coroso e A Ameixida. No verán, en colaboración do
Clube de Natación Riveira.
3 X 3 de Baloncesto. No Parque Pedra Pateira. Categoría senior.
3 X 3 de Futbito. Na explanada do Malecón. Agosto. De benxamíns a cadetes.
Torneo Fútbol Praia. Na praia de Coroso. Agosto. Categorías xuvenil e senior.
Torneo de Xadrez. Agosto. No local do Círculo Mercantil.
Milla Urbana de Riveira.
Agosto. Saída da Avenida do Malecón. De alevíns a
veteráns.
Carreira Pedestre Popular de "Santa Uxía". Setembro. Polas rúas de Riveira.
Carreira de Bicicletas de Montaña. Agosto. Arredores do complexo
polideportivo de "A Fieiteira".
Campionato de Tenis. Categoría senior.
Campionato Oficial de Fútbol. Marzo ata fins de Xuño. Participan os 8 equipos
federados do municipio; desde benxamíns ata xuvenís. Alonga o calendario
federativo.
Descenso de Bicicletas de Montaña. Dispútase en Moldes, en dirección a
Oleiros.
Torneo Internacional de Fútbol sub 19. Fins de Agosto. No Campo de A
Fieiteira. Participan algúns dos mellores equipos de categoría xuvenil.
As oficinas do Patronato Municipal de Deportes encóntranse no Auditorio, na
praza dos Mariñeiros, s/n.Tfno: 981835650.
Subir

|