Alcaldía Composición Calendario Normativa
.

Atópase vostede en: Servicios > Cultura > Personaxes > Autores consultados

.

     
Noticias
.
.
Trámites en liña
.
.
Cultura
  Festas
  Historia
  Oferta permanente
  Personaxes
.
Deportes
.
.
Lonxa
.
.
Srv. Drogodepencias
.
.
Formación/ Emprego
.
.
Servicios Sociais
.
.

 

 

  Personaxes
 
Nesta sección consulta:

 

Personaxes populares | Figuras históricas | Historia viva
Mencións a Riveira | Autores consultados

 

Autores Consultados

Carlos García Bayón: nado en 1914 en Caldas de Reis e falecido en 2003 en Porto do Son, o cronista oficial de Riveira e fillo adoptivo da cidade desempeñou a súa carreira de mestre en Santa Uxía desde o fin da Guerra Civil. Na década dos 50 comezou a colaborar en mutitude de publicacións, entre elas ABC, La Vanguardia, La Voz de Galicia ou El Correo Gallego. Na súa obra atopamos gran cantidade de títulos dedicados ó Barbanza ou especificamente a Riveira, e ós temas e figuras destes lares. Tamén é de salienta-la súa laboura investigadora no eido da historia dos concellos barbanzáns. Algúns dos recoñecementos acadados pola súa traxectoria, ademais dos antes mencionados, son o premio Julio Camba de xornalismo ou a Medalla Castelao outorgada en 1999 pola Xunta de Galicia en homenaxe ó seu traballo xornalístico.

Xosé María Fernández Pazos: este riveirense nado en 1956, licenciado en Xeografía e Historia, exerce como mestre e xornalista, o cal compaxina coa súa actividade como fotógrafo e escritor. Colaborou en La Voz de Galicia e El Correo Gallego, entre outros medios de prensa. A súa actividade cultural remóntase ata os inicios dos 80, cando xa dirixía unha revista cultural comarcal, editada en Riveira co título de O Imo. A súa obra máis sobranceira quizais sexa o libro Sálvora: memoria dun naufraxio. A traxedia do Santa Isabel. De impecable factura e profusamente ilustrado, este volume, que data de 1998, repasa a historia de Riveira e de Sálvora, e ofrece unha exhaustiva crónica do desgraciado suceso acaecido en 1921, e que á postre valeulle á vila o título real de "Muy noble, humanitaria y generosa ciudad", en recoñecemento das tarefas de rescate ás que voluntariamente se prestaron os riveirenses.

Daniel Bravo Cores: nado en Carreira no 1955, este catedrático de Historia no Ensino Medio ten publicado ducias de artigos sobre o pasado da nosa cidade, moitos deles incidindo na importancia da presencia de empresarios cataláns para o desenvolvemento socio-económico do concello. Á marxe dun ensaio titulado Las Relaciones Comerciales entre Pontevedra y Andalucía a mediados del s. XVI, as súas dúas obras máis relevantes son Riveira, alcaldes para un siglo (1860-1975), que recolle unha serie de artigos sobre os rexedores máis destacados que pasaron pola Casa Consistorial, e Historia de Riveira 1200-1975, una singladura de 800 años, quizais o traballo máis completo sobre a historia do concello realizado ata o momento.

Fernando Sarasquete: xornalista con colaboracións en diversos medios escritos, un dos seus traballos máis recentes é a Guía do Barbanza.

Xoán Pastor Rodríguez Santamaría: nado na parroquia sonense de Xuño en 1973, recopilou en diversos traballos as figuras literarias barbanzanas; un destas características é Diccionario de Escritores Ribeirenses, editado en 2001 pola Deputación Provincial de A Coruña.

Subir

 
Seccións destacadas:
.
nn nn nn
.

.

.
Todolos contidos e fotografías publicadas en este Web Site pertencen o Concello de Riveira.
Para máis información chama ó teléfono do concello: 981.871.050
Porfavor notifica erros de funcionamento ou consulta dúbidas do Web no seguinte medio:
 soporte@riveira.com
.