| |
Personaxes
Mencións a Riveira
O poeta ponteareán Fermín Bouza Brey, falecido en 1973, publicou algúns
traballos relacionados co municipio de Riveira, coas súas cantigas, o seu
folklore e a súa prehistoria; algúns deles foron publicados na histórica revista
Nós ou nos arquivos do Seminario de Estudos Galegos. Aínda que realiza unha
homenaxe máis sentida a Riveira nos versos do poema "Tiradas no mar e na noite",
de Nao Senlleira: O faro de Corrubedo / co seu ollar largasío / ai amor, púxome
medo.
O escritor mindoniense Álvaro Cunqueiro, un dos máis senlleiros das nosas
letras no s. XX, dedicou un dos seus centos de artigos á illa máis fermosa das
costas riveirenses en "El faisán de Sálvora", publicado no xornal lugués El
Progreso e recollido en 1992 no volume editado pola Deputación Provincial baixo
o título O reino da chuvia.
Subir
 |