Alcaldía Composición Calendario Normativa
.

Atópase vostede en: Servicios > Cultura > Personaxes  > Personaxes populares

.

     
Noticias
.
.
Trámites en liña
.
.
Cultura
  Festas
  Historia
  Oferta permanente
  Personaxes
.
Deportes
.
.
Lonxa
.
.
Srv. Drogodepencias
.
.
Formación/ Emprego
.
.
Servicios Sociais
.
.

 

 

  Personaxes
 
Nesta sección consulta:

 

Personaxes populares | Figuras históricas | Historia viva
Mencións a Riveira | Autores consultados

 

Personaxes Populares Históricos

Ramón Púa: ata Maio de 1994, Ramón "Púa" Sobrido, estivo practicamente sempre na rúa, dando colorido e información. Dominaba tódolos recursos da técnica narrativa oral e transmitía mensaxes publicitarias mellor ca ninguéns. Gañábase a vida como recadeiro de acredores, e ten protagonizado sonadas aventuras e anécdotas. O seu humor resultaba desconcertante e chocante, en momentos.

Xosé Rodríguez Saavedra: coñecido como Saavedra, propugnou toda unha filosofía de vida; era un superdotado, que se licenciou en filosofía e en enxeñería naval. Unha anécdota que avala a súa impresionante capacidade matemática foi o encargo que un armador lle fixo: realizar un burato na embarcación, por onde sae o eixo de cola do motor. En dúas horas rematou o traballo, pero o armador non se fiou e avisou a uns especialistas dun estaleiro de Vigo, que tras botar dúas semanas dándolle voltas ó asunto, acabaron por confirma-lo que dixera Saavedra, sen a máis mínima variación.

Viscaia: de verdadeiro nome Cipriano Silva González, este barbeiro de Carreira era un líder e un seductor. De corpo pequenote e físico débil, destacaba polo seu enxeño, imaxinación, e un, segundo din, descomunal aparato que tiña que amarrar para que non lle dese disgustos decote. Xa poden supoñer que caste de anécdotas lle sucedían: era sabido por todos que mantiña amoríos cunha viúva pero tamén a todos estrañaba como se amañarían porque a muller leváballe case un metro. Un día na taberna, interrogárono seriamente: "Veña, Viscaia, dinos como diaño fas para satisface-las necesidades desa muller". E el contou o segredo: "primeiro traballo no piso de arriba e cando acabo alí o labor dígolle, 'Manuela, dame un biquiño que vou arranxa-la parte de abaixo'".

Parga: Manuel Martínez Parga foi unha persoa nobre e loitadora, e sobre todo emprendedora: el trouxo a primeira máquina de facer churros e instalou o primeiro aparello de asar polos en todo o Barbanza. Abriu o primeiro posto de selado de quinielas en Riveira e tivo a idea e o terreo para montar o que sería o primeiro cámping do municipio. Cóntase que Parga simpatizaba moito coas ideas comunistas, pero que as disimulou convenientemente durante o franquismo. Unha vez rematada esta etapa, en 1977, Santiago Carrillo foi a Riveira a pronunciar un mitin e logo ía pasar polo bar de Parga. Este non dera moito creto ás novas sobre a visita do líder comunista e fora para a cama pero cando o avisaron, de seguida atendeu ó insigne visitante. Axiña xurdiu na conversa algún comentario sobre a viraxe ideolóxica de Parga, ó que Carrillo repuxo: "la gente es muy dueña de hacer los cambios que crea convenientes, porque rectificar es de sabios; sin embargo, cuando uno es comunista de verdad, lo es hasta la tumba". Parga saíu deste xeito da encerrona: "no hagha caso, Don Santiagho, que sólo es por ayudar a un amigho. Aunque ahora esté colaborando con la derecha, mi corazón siempre estará en la izquierda".

Toñito Arca: Antonio Arca Fernández foi un home de gran intelixencia e moi cabaleiroso que logrou unha morea de títulos académicos e militares. Un exemplo de como sabía aunar astucia e xentileza en momentos de apuro aconteceu na cafetería que frecuentaba. O camareiro inquiriu coma sempre "buenos días, ¿qué va a tomar el señor?"; "me pones un café con leche", respondeu Arca; "Toñito, has de saber que tienes uno de ayer; te lo digo por si te olvidas", e Arca respostou: "ese déjalo, Pedro, que ya debe estar frío"

Subir

 
Seccións destacadas:
.
nn nn nn
.

.

.
Todolos contidos e fotografías publicadas en este Web Site pertencen o Concello de Riveira.
Para máis información chama ó teléfono do concello: 981.871.050
Porfavor notifica erros de funcionamento ou consulta dúbidas do Web no seguinte medio:
 soporte@riveira.com
.