| |
Oferta permanente
Actividades Culturais
Desde o departamento de Cultura e Festexos do Concello de Riveira organízanse
cada ano as seguintes actividades e nas seguintes datas:
Entroido
Festivais “Xuvenís e para os nosos maiores”.
Un grupo de animadores, pallasos e monitores percorren as rúas e principais
prazas de Riveira, invitando a tódolos nenos a participar nunha serie de xogos
para rematar cun Gran Baile no que terá lugar o Concurso e Sorteo de grandes
premios.
Chegada a noite, celébrase un Festival-Baile de Disfraces para os nosos maiores,
amenizado por un grupo de música salsa, que tamén inclúe Concurso e Sorteo de
grandes premios.
Tradicional Concurso de Murgas
Poden participar tódolos grupos e comparsas que o desexen, pertencentes ou non ó
municipio. Ademáis de se estableceren tres premios (1º-2º e 3º) entrégase a
tódolos participantes un lote de productos típicos do entroido (chourizos e
lacóns). Ó final os participantes son convidados a unha gran cea a base de
pratos destas festas.
Enterro do Felipe
O mércores de cinza teN lugar o “Enterro do Felipe”. A comitiva percorre as rúas
do concello acompañando o Felipe e as tradicionais choronas (ai, ai, ai) e por
suposto, o clero, co bispo ó frente. Remata coa súa queima despois de entonar os
cánticos na súa honra. Os asistentes acuden ó acto vestindo rigoroso e negro
loito. Hai degustación de filloas, orellas e roscas para todos. Unha Charanga
ameniza o festexo.
Sábado de Piñata
Un Gran Desfile pecha este último día de Entroido. Participan tódalas
Asociacións, Agrupacións, Clubs e outras entidades culturais e recreativas do
municipio. Percorren as rúas máis céntricas mostrando os seus disfraces. Están
acompañadas por unha Charanga e un Grupo de Gaitas.
Subir

Maio Cultural
A celebración do Maio Cultural, protagonizada polo Día das Letras Galegas está
adicada ós autores que declare a Real Academia da Lingua Galega.
A Concellería de Cultura é consciente da importancia que ten tal designación no
tocante ás actividades que se desenvolverán en conmemoración destes personaxes
no ámbito do ensino. Con tal motivo, convoca:
O Concurso Literario: no que poden presentarse traballos en galego, individuais
ou de grupos de mozos de asociacións xuvenís e culturais, ou ben alumnos de
Educación Primaria e Secundaria, FP, ESO e da Universidade.
Tendo en conta que o proceso de elaboración de traballos desta índole é
laborioso, anticipamos as bases que rexen este concurso co suficiente tempo de
antelación.
Un xurado nomeado ó efecto falla os premios establecidos en dúas modalidades:
poesía e prosa.
Festivais de Música e Danza celébrase un festival de música folk e danza
tradicional. Participan grupos destas artes que co seu traballo enriquecen e
divulgan a nosa cultura galega.
Subir

Mostra de Teatro
Cada venres, dende finais de setembro ata decembro, no Salón de Actos do
Auditorio Municipal de Riveira ten lugar a representación dunha obra teatral a
cargo dunha compañía ou grupo profesional de teatro. Esta Mostra realízase en
colaboración coa Excma. Deputación Provincial da Coruña, a través do programa de
Música e Teatro.
A convocatoria é aberta e gratuita.
Subir

Ciclo de Teatro Afeccionado
O Auditorio Municipal de Riveira acolle durante o mes de Xuño un ciclo de teatro
afeccionado no que actúan diversas compañías de toda Galicia. As representacións
teñen lugar tódolos sábados a partir das 21.00 horas e e a entrada é gratuita
para tódolos veciños que desexen asistir ás mesmas.
En Xuño de 2000 tivo lugar o I Ciclo no que as compañías afeccionadas de teatro
dos municipios de Vedra, Noia e Narón representaron algunha das súas obras
rematando coa escenificación de “Cousas” , de Castelao, a cargo do Grupo
Municipal de Teatro de Riveira.
Con carácter previo á celebración deste ciclo, dende este departamento promovémo-la
participación dos rapaces do municipio nesta arte contando cun monitor encargado
de instruílos.
Subir

Mostra de Teatro Infantil
Participan os seguintes colexios: C.P. Palmeira, C.P. O Grupo, C. A Milagrosa,
C. Bayón, C. Sagrado Corazón, C. Galaxia e C.P. Salustiano Rey Eiras.
Ten lugar na primeira quincena de Xuño no Salón de Actos do Auditorio Municipal,
polas tardes.
Pode asistir calquera persoa de xeito gratuíto.
Os colexios participantes reciben un agasallo en memoria e agradecemento á súa
participación neste programa. Ó remate de cada función convídase ós cativos e os
seus mestres a unha merenda.
O transporte é facilitado ata o Auditorio.
Subir

Festivais Escolas Municipais
Do 25 de Xuño ó 1 de Xullo no Auditorio Municipal ten lugar a celebración dos
festivais de Fin de Curso das Escolas Municipais: Ballet, Teatro, Gaita, Violín,
Danza Clásica, Seguridade Vial, etc.; os alumnos demostran os coñecementos
adquiridos durante o curso.
A asistencia está aberta a todo o público e é gratuíta.
Subir

Mostra de Música e Danza
|
Participantes: |
Banda de Gaitas
Ancoradoiro
Banda de Gaitas do Centro Recreativo de Artes
Coral Polifónica Municipal de Riveira
Masa Coral do Círculo Mercantil e Industrial
Rondalla de Aguiño - Asociación Musical Albéniz
Orquestra Municipal de Cámara de Aguiño
Orquestra Municipal Infantil de Cámara
Charanga "Tíralle do Aire”
Ballet da Asociación "Amas de Casa de Riveira"
Grupo de Baile "A Gandaina"
Grupo de Baile da Asociación Alfaia
Grupo de Baile Asociación Amas de Casa de Carreira
Grupo de Baile Asociación Amas de Casa de Castiñeiras
Grupo de Baile "Pasiños" C.E.I.P. O Grupo
Grupo de Baile Infantil "Rebuldaina" de Olveira
Grupo de Baile "Tahume" de Olveira
Grupo de Baile "Xábega" Asociación Irmáns Vilar de Carreira |
Na Mostra de Música e Danza participan tódalas
Asociacións Culturais do concello. A través desta Mostra presentan o labor que ó
longo do ano realizan e que supón unha importante contribución á cultura e a
arte.
O Certame pretende conxuga-lo trasfondo eminentemente riveirense cunha
diversidade temática e de estilos que abra a mellor oportunidade para o deleite
de todos, de xeito que as expresións musicais e coreográficas sexan accesibles
por igual ás distintas idades, sexos, colectivos ou preferencias artísticas.
Este evento desenvólvese nun escenario amplo, no que se reúnen as Asociacións da
nosa comunidade, e prodúcese un nexo de sensacións e sentementos compartidos,
vivencias e a suma das tradicións que forman parte da nosa cultura galega.
Destinatarios: Todos os cidadáns, de grandes a pequenos.
Data: Mes de agosto.
Lugar: Zona portuaria de Riveira.
Subir
 Verán Musical
Nos meses de Xullo, Agosto e ata a primeira quincena de Setembro celébrase unha
serie de concertos musicais que son motivo de encontro de tódolos veciños de
Riveira e daquelas persoas que nesta temporada nos visitan.
Tres días por semana danse cita grupos de música de moi diverso estilo: música
folk, pop, jazz, reage . . .
Un dos obxectivos que persegue esta programación é a promoción daquelas
agrupacións musicais que xurden dos mozos do noso municipio con temperamento e
inclinacións musicais e ofrecérlle-la oportunidade de mostrar o seu traballo en
público. Tamén participan grupos de música de actualidade.
Os concertos comezan ás 22:00 horas e rematan dentro do horario permitido polas
normas reguladoras destes espectáculos.
A entrada é libre para todos e a convocatoria exténdese a toda a comarca.
Cabe sinala-la celebración do Certame de Riveira-Rock, organizado pola
Asociación Cultural-Deportiva Bitoque; nel colabora esta Concellería de Cultura
e Festexos xunto coa
Comisión de Festas de Verán de Riveira.
Subir

Nadal
A programación do Nadal presenta as seguintes actividades:
Obradoiros: celébranse por tódalas parroquias, evitando deste xeito que os nenos
teñan que se desprazar (Xoguetes, Monicreques, Móbiles e Máquinas de Voar)
Animación á Lectura: na Biblioteca Municipal en horario de mañá e tarde.
Dirixido a nenos de 6 a 10 anos. Lévanse a cabo diversos xogos que estimulan nos
participantes o interese pola lectura; tamén aprenden a localizar un libro ou
recitan poesía.
Concurso de Beléns Escolares: os centros de Ensino do municipio poden participar
presentando a elaboración dos seus Beléns, que son clasificados por niveis. O
xurado visita cada un deles e premia cunha Placa Conmemorativa e máis un lote de
libros ós mellores.
Beléns Vivintes: no Auditorio Municipal celebránse representacións teatrais con
nenos de 4 a 12 anos de idade que escenifican algúns dos apartados bíblicos. Un
monitor encárgase dos ensaios previos para a posta en escea dun Conto de Nadal.
Música
Festivais de Música de Nadal a cargo de grupos corais, orquestras de cámara,
rondallas etc.
Estes encontros teñen lugar na Igrexa Parroquial, no Auditorio Municipal, no
Conservatorio de Música de Riveira e no de Aguiño. Tódolos veciños están
convidados á audición de recitais propios destas datas (Concerto de Ano Novo,
Certame de Corais Convidadas, Concerto de Panxoliñas).
Cine de Nadal
En sesión de tarde, ás 15:30 horas proxéctanse durante 5 días algunhas das
películas da tempada, dirixidas ó público infantil. A entrada é gratuita.
Carteiro Real: recolle as cartas dos nenos en tódalas parroquias do concello,
para o que se sinala un calendario de recepcións.
Exposición do Belén: móstranse as pezas e figuras confeccionadas artesanalmente
polos participantes no cursiño convocado para este fin. Permanece na Praza do
Concello durante toda a tempada do Nadal.
Cabalgata de Reis: as Súas Maxestades chegan en barco á nosa cidade. No momento
da arribada prodúcese unha queima de fogos de artificio. Percorren as rúas en
carrozas engalanadas, acompañados de numerosos grupos organizados para harmoniza-lo
desfile. Son recibidos na Casa Consistorial Tódolos participantes están
ataviados cos traxes propios para este evento.
Tódalas actividades están dirixidas por monitores calificados.
Encárganse uns programas de man que conteñen tódalas actividades e repártense
por todo o pobo.
Subir
 Outros actos e actividades desenvoltas ó
longo do ano:
- Concertos Didácticos nos Centros de Ensino e
Concertos de Música Clásica.
- Conferencias, cursiños, seminarios:
- Lingua Galega (Iniciación e
perfeccionamento)
- Seguridade Vial Infantil
- Monitor e Director de Tempo Libre
- Fotografía
- Bailes de Salón e Danza Moderna
- Deseño e Moda
- Ilustración e Cómic
- Gravado.
- Exposicións: Pintura, Escultura, Medio
ambiente, Literatura infantil e xuvenil.
- Concursos: Literario, Certame de Arte Xove,
Música.
Subir
 Escolas municipais:
- Violín
- Gaita
- Ballet
- Teatro
- Danza clásica
- Seguridade Vial
Subir
 Oferta Permanente:
No concello de Riveira atopamos dous museos, ubicados na parroquia de Artes.
O Museo Etnográfico, na planta baixa do Centro Recreativo, e o Museo do Gravado
á Estampa Dixital: o primeiro lévanos pola historia local a través de obxectos
conservados e o segundo céntrase nas obras que diversos autores realizaron coa
técnica do gravado.
Subir
 |