| |
Procesións e Romaxes
Na parroquia de Corrubedo:
Celébrase a Romaxe de Santa Tecla, o día 23 de
Setembro. No lugar do festexo existía antigamente unha capela, dende hai tempo
desaparecida. E no lugar de Teira, celébrase do Día de San Roque, o 16 de Agosto; a
habitual ausencia de verbena non impide que a festividade impregne a xornada.
Volver ó
menú de festas
Na parroquia de Olveira:
Celébrase unha romaxe na honra de Nosa Señora
dos Dolores, o Domingo in Albis. A festa ten lugar en
Sirves, o domingo posterior ó de Pascua, e particularízase pola práctica de
xogos populares como a chave, o tiro da corda ou competicións de chistes, e a misa cantada que lle outorga o seu
carácter relixioso.
En Bretal festéxase, con misa solemne, o Día da Ascensión, dedicado á Nosa
Señora da Quinta Angustia. A celebración ten lugar o domingo inmediatamente
posterior ó 15 de Agosto, e conta cunha considerable devoción popular.
A Virxe do Rosario é honrada cunha xornada de festa o día 8 de Setembro.
Olveira vive asimesmo días de procesión o primeiro domingo do mes de Xullo,
coa procesión do Santísimo. Esta e máis a celebrada na honra da Virxe do Carme,
o 13 de Agosto, saen da Igrexa Parroquial de Santa María de Olveira, a Nova,
avanzan pola estrada un treito e voltan. A Procesión do Santo Sepulcro ten lugar
o Venres Santo, e discorre polo adro arredor do templo parroquial.
Volver ó
menú de festas
|
Subir
 Na parroquia de Aguiño:
Intimamente mariñeira, celébrase a procesión marítima
en homenaxe á Virxe do Carme o 16 de Xullo. A imaxe é transportada da igrexa ó
peirao e alí embarca ata Sálvora, illa á que bordean as embarcacións para
enfilar de novo terra e devolve-la Santa ó seu lugar. O domingo seguinte ó Carme
celébrase unha pequena romaxe: a misa de campaña do neno Xesús; despois da
celebración da homilía, á mañá, a xente vive a xornada de festa cun xantar
campestre, no piñeiral de Couso acondicionado para merendoiro.
Volver ó
menú de festas
|
Subir
 Na parroquia do Bon Pastor de Castiñeiras:
Celébrase unha procesión marítima
en honor á Virxe do Carme durante as festas do verán. Soe ter lugar o último
día de festexos, ó término da misa da mañá. O día en honor a San Cristóbal, o pobo vive unha
procesión peculiar: unha comitiva de vehículos - coches, motos, etc. - adornados
para a ocasión percorre os lugares da parroquia para rematar coa bendición a tódalas máquinas participantes no adro da igrexa. Tamén se celebra unha
procesión dedicada ó Sagrado Corazón de Xesús, que circula a pé arredor do
cruceiro do adro da igrexa. E por último, o cuarto domingo de Pascua é a festa
do Patrón, o Bon Pastor: non hai festa convencional na rúa pero si concertos con
rondallas - gaiteiros e bandas de música - e unha intensa participación cidadá
na elaboración dunha eucaristía especial, que forma parte dun evento no que
tódolos parroquiáns contribúen para compartir un gran xantar e que
conmemora o nacemento da parroquia, que tivo lugar exactamente á medianoite. O
domingo seguinte ó 3 de Febreiro celébrase tamén a Festa de San Blas, na que se
bendicen os pans e as roscas, na igrexa.
Volver ó
menú de festas
|
Subir
 En Carreira:
A celebración máis importante é a da Nosa Señora da Guía,
arredor da capela do mesmo nome. Atrae moreas de xentes de lugares como Pindo ou
Ézaro. Ó longo da xornada ofícianse misas de 8 a 13 horas - cantada -, e pola
tarde ás 18, 19 e 20 horas. Conclúese cunha procesión arredor da capela. O Día
do Patrón, San Paio, non traslada a festividade á rúa; si se aproveita para
celebrar varias confirmacións na parroquia.
Volver ó
menú de festas
|
Subir
 En Santa Uxía de Riveira:
Teñen lugar diferentes procesións. A de O Paso
celébrase o mércores de Semana Santa ás 9 da noite: a imaxe de Xesús encabeza a
comitiva e ségueno 3 imaxes de discípulos postrados. A confraría de O Paso tivo
gran sona a finais dos anos 60 e principios dos 70; estaba presidida polo
marqués Otero Goyanes. Logo caeu en desuso e isto supuxo o deterioro das imaxes.
Nos últimos anos o Concello está a retomalo en consideración e o evento recupérase. O seu itinerario parte da rúa Cristóbal Colón e baixa pola rúa de
Galicia; circula logo polo Malecón e regresa. Unha conmemoración máis seria e
menos folklórica é a procesión do Venres Santo, con motivo do enterro e da
soidade. A talla que encabeza a comitiva, de madeira de buxo e con incrustacións
de prata, posúe gran valor. Ata finais do s. XIX, arredor de 1870, a Compañía da
Soidade organizaba a procesión da Soidade e tamén a dos Caladiños. Desde tempos
do actual párroco, decidiuse unir estas dúas; agora temos unha que parte ás 10
da noite e remata na Praza da Igrexa, cun anuncioda resurrección e da
festividade da palabra. En Maio, celébrase a procesión da Carroza, en honor á
Virxe. Neste desfile de nenas, ataviadas como anxiños, réndese homenaxe a María
nunha cerimonia moi activa, coa melodía do "triunfi gloria". Outra procesión, a
do Corpus, parte do Monumento, en cuia cripta está exposta a imaxe de Cristo, e
segue un percorrido singular: baixa pola rúa Cristóbal Colón e circunda a praza
da Igrexa. Celébrase pola mañá. Pero a máis popular é, sen dúbida, a procesión
do Carme, marítimo-terrestre. A eucaristía ten lugar na Lonxa e de aí sae a
imaxe uns 45 minutos por mar. Conta con gran apoio do Concello, da Comisión de
Festas, xa que se celebra durante os festexos de Agosto, e dos patróns, pois
sempre participan entre 30 e 40 barcos. A procesión remata coa imaxe da Virxe na
Igrexa. A súa orixe remóntase ó nacemento da parroquia e o tramo pola ría
practícase desde a posguerra.
Canto ás romaxes, a de San Alberte, o segundo luns de Marzo, congrega a moita
xente e conserva moitas tradicións, coma a bendición de ramos para esparexer
pola terras de cultivo. O monte énchese todo o día de xente e acode moita
xuventude, movida, iso si, pola diversión que van atopar máis ca polo seu
carácter relixioso.
Volver ó
menú de festas
|
Subir
 En Palmeira:
A romaxe de máis sona e máis tirón popular vén sendo desde hai
ben tempo a de Nosa Señora de Belén, tamén coñecida como Santa de Moldes (Romaxe
de Moldes). Celébrase o primeiro domingo de Maio, aínda que nos últimos anos
vense celebrando o segundo domingo. Ten lugar en Moldes, encrucillada de camiños
entre Palmeira, Oleiros e Pobra. O pequeno santuario atópase nese cruce e
veciños de todo o Barbanza asisten a esta romaxe para gozar da música, o polbo,
as roscas e bo ambiente. Á 1 da tarde unha misa cantada na honra da santa pon o
elemento solemne a esta fermosa celebración.
Se unha procesión destaca no municipio é a da Festa do Santísimo en Palmeira,
o primeiro domingo de Xullo. Ofíciase a misa, como corresponde a esta
celebración relixiosa do Corpus e a procesión pasea por un conxunto de rúas
asombrosamente decoradas con alfombras florais e deliciosos deseños de arcos
elaborados con flores. Os veciños traballan duro para ter toda esta decoración
preparada para o paso da procesión. Por esta fermosa característica, esta
xornada coñécese tamén como o día das alfombras.
Volver ó
menú de festas
|
Subir
 |