| |
Festas do Verán
 |
| Nenos nas cadeas do Tio
Vivo. |
Tradicionalmente celébranse de venres a domingo, coincidindo co primeiro
domingo de setembro. Nos últimos anos, sen embargo, véñense celebrando de
mediados a finais de agosto para interese dos numerosos visitantes e emigrantes
que pasan as vacacións en Palmeira no mes de Agosto. Os festexos honran a Virxe
do Carme, e o programa está configurado por xogos para nenos, competicións
deportivas e demais actividades lúdicas. Unhas carrozas coas raíñas infantil,
xuvenil e da emigración desfilan pola vila e tamén se celebra unha procesión
marítima coa imaxe da Santa. A verbena pecha cada xornada con troula ata altas
horas da noite e unha espectacular sesión de fogos de artificio clausura
definitivamente a fin de semana de celebración.
Festa da Empanada
 |
| Procesión do inmigrante. |
A súa celebración, o 25 de Xullo, coincide co día da Patria e do Apóstolo
Santiago. Esta festa gastronómica enche de xente os xardíns do recheo portuario
onde se poden degustar varios tipos deste típico producto galego, ademais duns
viños de acompañamento
Cabe facer unha mención á coñecida como Festa das Fogueiras, a noite de San
Xoán. A tradición deste festexo está moi arraigada, e iso maniféstase no grande
espírito de competitividade que esperta en distintos barrios, que loitan por
consegui-la fogueira de maior tamaño e duración. Ademais, no recinto portuario
organízanse durante o día xogos infantís e outras actividades, ata a noite na
que a verbena se convirte en protagonista e punto de encontro.
Volver ó
menú de festas
|
Subir
 |