Alcaldía Composición Calendario Normativa
.

Atópase vostede en: Servicios > Cultura > Festas > Castiñeiras

.

     
Noticias
.
.
Trámites en liña
.
.
Cultura
  Festas
  Historia
  Oferta permanente
  Personaxes
.
Deportes
.
.
Lonxa
.
.
Srv. Drogodepencias
.
.
Formación/ Emprego
.
.
Servicios Sociais
.
.

 

 

 

Festas Castiñeiras

Nenos xogando na "Festa da espuma".

As Festas do Verán chegan a Castiñeiras a penúltima semana de agosto. Os tres días dedícanse a un patrón particular: o venres ó Corazón de Xesús, o sábado a San Cristóbal e o domingo á Virxe do Carme. A xornada do venres está copada por xogos populares e para nenos, o acto da coroación das raíñas e das damas  e o discurso do pregón inaugural, que o pronuncia unha persoa coñecida e destacada na parroquia. Os rapaces gozan dos inchables e da festa da escuma, do karaoke, do touro mecánico e do futbolín humano, todo instalado nas pistas polideportivas de Os Areeiros. O sábado ten lugar a sardiñada, e a misa, ás oito e media do serán, antecede á procesión de vehículos na honra de San Cristóbal. O domingo, día grande, o acto sobranceiro é a procesión marítimo-terrestre, que leva a Santa por mar ata a altura de A Ameixida, onde se realiza a ofrenda floral ós falecidos e se apunta a proa de novo ó peirao de Castiñeiras. As orquestras non faltan á súa cita de cada noite na verbena, no paseo marítimo novo.

Volver ó menú de festas    |   Subir

 
Seccións destacadas:
.
nn nn nn
.

.

.
Todolos contidos e fotografías publicadas en este Web Site pertencen o Concello de Riveira.
Para máis información chama ó teléfono do concello: 981.871.050
Porfavor notifica erros de funcionamento ou consulta dúbidas do Web no seguinte medio:
 soporte@riveira.com
.