| |
Festas de Aguiño
 |
| As Festas de Aguiño serven
de antesala a outras grandes celebracións de Santa Uxía. |
As principais son as Festas do Carme; Aguiño é
a única parroquia de Riveira que honra a esta Virxe na data que lle corresponde.
O día 16 sempre se inclúe nas xornadas de festa, que oscilan entre os 3 e os 5
días porque sempre engloban unha fin de semana. Do pregón, o primeiro día, soe
encargarse algún personaxe popular con algún vencello con Aguiño: Quico Cadaval,
o actor "Tuto" Vázquez... O sábado adoita organizarse unha gran sardiñada na
explanada do porto; con viño, refrescos, pan de millo, e todo gratuíto. Tamén
teñen lugar diversas competicións deportivas e actos: a cucaña mariñeira (hai
que coller unha bandeira ó outro extremo dun encebado e esvaradizo pau
suspendido sobre o mar); o partido de fútbol entre solteiros e casados;
chocolatadas, concursos e debuxos para os nenos; o chupinazo pirotécnico
inaugural, no que se lanza unha bomba de palenque seguida dunha traca que
estoura atropeladamente; orquestras para ameniza-la velada de cada noite ata as
5 ou as 6 da madrugada (por aquí pasou xa a París de Noia; e unhas tracas de
centos de bombas que se prenden no momento de embarque e desembarque da imaxe
da Virxe do Carme durante a procesión).
Ademais da Romaxe do Neno de Couso, a segunda
ou terceira semana de Maio celébrase a Festa dos Maios; sempre cadra en sábado e
a xornada anímase con gaiteiros e banda de música, inchables para os cativos e a
verbena final. Pero o máis destacado é a confección dun gran maio floral con
flores campestres e unha carroza que percorre engalanada tódalas rúas da vila.
Volver ó
menú de festas
|
Subir
 |