| |
Festa do Percebe
 |
| Nena disfrutando dos
percebes. |
Desde 1997, tódolos anos se vén celebrando en Aguiño unha das festas
gastronómicas máis apetecibles do Barbanza. Un día da última semana do mes
estival de Xullo ten lugar a Festa do Percebe, aínda que o ano 2003, o
evento pospúxose ata o 14 de Setembro por mor do suspenso da veda destes
moluscos logo dos prexuízos ecolóxicos causados polo fuel verquido desde o
petroleiro Prestige.
A iniciativa da Festa do Percebe partiu do sector pesqueiro da zona co ánimo
de dar a coñece-lo producto. O percebe de Cedeira e de Roncudo tiña gran sona, e
o producido aquí merecía o mesmo prestixio. Así, a Confraría de Pescadores de
Aguiño organiza desde hai 7 anos esta exaltación do preciado molusco. Na
explanada do porto móntase unha carpa de 1500 metros cadrados baixo a que se
abrigan longas mesas nas que degusta-las 4000 racións de percebe que soen
servirse. Unha media de 5000 persoas saborea por un prezo que ronda os 10 €,
a maior delicia que dan as rochas, acompañada de cachelos, pan, empanada de
carne ou peixe, e viño ribeiro ou albariño (todo do país). Un grupo de gaitas
ameniza o xantar, que comeza a despacharse ó mediodía e remata, por esgotamento
de existencias, unhas 3 ou 4 horas máis tarde.
Volver ó
menú de festas
|
Subir
 |