| |
Festa da Dorna
 |
| Descenso de carrilanas pola
costa da Mámoa |
Esta peculiarísima e atípica celebración atrae cada verán miles de persoas a
Riveira á procura dunha diversión que está de sobra garantida. A Festa da Dorna
auna tradición e moderna xuventude. Naceu un 24 de Xullo de 1948, quedando
establecido o día grande para o resto da Historia, e fíxoo xa coma quen non
quere a cousa, gracias a unha panda de compañeiros amigos da troula e da
embarcación máis tradicional e básica para o mariñeiro común de Riveira: a dorna. Durante décadas celebrouse un só día,
coroado polo baile e o concurso no que un pescador era premiado cunha dorna.
Pero a finais dos 80, uns mozos de ánimo inquedo dinamizaron a festa e
expandírona ata o que hoxe é: case unha semana de confraternidade entre
distintas peñas que participan en numerosos xogos curiosos e se divirten de
xeito inesquecible. Esta festa implica unha filosofía que ten moito da
identidade de Riveira: unha linguaxe propia, un espírito aberto, hospitalario e
participativo e esa diversión tan costeira de "ata que o corpo aguante". Xogos do
mar no peirao, xogos de terra na praia, embarcasións feitas á machada, descenso
de carrilanas, guateque, queimada, sardiñada, pasarrúas, concerto e un enorme
ambiente diurno e nocturno; Riveira transfórmase coa Dorna e a súa sona traspasa
as fronteiras máis afastadas.
Ademais recentemente a Dorna, foi recoñecida
como Festa de Interese Turístico con carácter autonómico.
A Dorna
A dorna é unha embarcación emblemática e ligada intimamente ó desenvolvemento
económico e social de todo o concello de Riveira. As súas orixes non están moi
claras; uns atribúenas ós viquingos, outros ós fenicios e hai quen di que
procede dos normandos. O caso é que ata hai ben pouco tempo, era un elemento
básico para o sustento familiar. As virtudes deste tipo de embarcación van desde
a afiada proa para corta-lo mar ata a popa apirulada que deixa unha estela
característica. Os motores, a planeadora, os novos tempos en xeral foron
arrecunchando á dorna, que sen embargo gañou espacio na nostalxia e no corazón
das xentes do lugar, sobre todo nas casas onde a dorna foi o alicerce de novas
xeracións. Agora varias asociacións manteñen viva a dorna, orientada a
actividades de lecer e competicións, pero sempre para dignificar e exaltar esta
tradicional barca.
Detalles da Dorna de Vela

|
Descripción das partes da Dorna de Vela |
12- Vara de portar
13- Sorregas
14- Apuño de Sorregas
15- Rizos
16- Badasa
17- Apuño de escota
18- Pinchón ou caperol da proa
19- Espaldón
20- Remadoira
21- Caberna da tosta
22- Ichama
23- Caberna do meo de couso
24- Caberna de couso
25- Caña
26- Temón |
27- Femia do temón
28- Agulla ou macho
29- Courel ou Barrote
30- Cinta
31- Rabeiras
32- Proa
33- Roda
34- Furado do bitoque
35- Quilla
36- Táboa de cubrir
37- Táboa de virar
38- Táboa do plan
39- Táboa 2ª da quilla ou da voltura
40- Táboa 1ª da quilla ou da voltura |
Volver ó
menú de festas
|
Subir
 |