| |
Introducción
A cultura é algo de valor incalculable do que canto máis se coñece máis se
pode apreciar. O noso sentido do humor, a nosa forma de vivi-lo día a día, de
desfruta-las festas, a nosa forma de valora-las demais persoas e mesmo a nosa
forma de ser é indisociable da cultura na que nos desenvolvemos. Riveira,
ademais de compartir riscos culturais co resto de Galicia, posúe a súa propia
bagaxe cultural e a súa especificidade, acorde como non coa filosofía mariñeira
e máis aínda coa das Rías Baixas, pois é obvio que o xeito de vida ten as súas
leves diferenzas entre o Norte galego e o sur, e por suposto entre o interior e
a costa. Nesta sección ofrecemos unha ínfima mostra da nosa cultura, das nosas
celebracións, do noso pasado que nos foi configurando, das nosas xentes,
personaxes que espertan a admiración, o agarimo, a curiosidade e o amor dos
demais.
Subir
 |