|
Patrimonio arquitectónico.
Presentación.
O patrimonio arquitectónico vén definido por aquelas edificacións e construccións dun relevante valor histórico, arquitectónico ou artístico, ou representativas dunha actividade cultural ou tecnolóxica de especial significación.
O patrimonio arquitectónico en todo o concello é moi amplo, localizándoo por tódalas parroquias tanto na área máis urbana coma no rural.
Abrangue no ámbito relixioso igrexas e capelas e no civil, pazos, casas señoriais, arquitectura etnográfica, arquitectura industrial e outras construccións ligadas ao territorio coma o caso de peiraos antigos.

|