Patrimonio etnográfico.

Outros elementos do patrimonio etnográfico .

Aparte dos anteriores elementos, uns apegados ó acervo religioso, outros vinculados estreitamente a unha sociedade agraria tradicional, existen no concello numerosos exemplos doutro tipo de bens etnográficos. Algúns deles relacionados coa outra actividade tradicional do concello como é o mar.

Entre estes outros elementos podemos citar os lavadoiros, con multitude de exemplos por todo o municipio, algúns deles xa desaparecidos.

Sobre todo en relación a algunha casa grande con avoengo ou con algunha casa reitoral.

Os pombais tamén se poden atopar pola xeografia riveiriense .


Foto dun pombal en Frións

Outro exemplo producto dunha actividade tradicional e artesanal realizada no municipio de Riveira son as Telleiras. Estes mecanismos servían para fabricar as tellas que recobren os tellados das casas tradicionais, tanto no propio Concello como fóra del. Restos destas telleiras encóntranse nos lugares de Olveira nas inmediacións do Parque Natural.

 
Todolos contidos e fotografías publicadas en este Web Site pertencen o Concello de Riveira.
Para máis información: 981.871.050. Noticica errores en 981.875.144 | soporte@infoeclipse.com
Contenidos y fotografías de la sección de realizadas por Miguel A. Vidal Lojo