|
Patrimonio etnográfico.
Muiños.
Dentro da economía de carácter tradicional o muíño ocupa un lugar destacado. Esta construcción emerxe ante a necesidade de poder moer cantidades importantes de cereal para obter fariña tanto para o consumo humano como animal.
En Riveira coñécense dous tipos de muíños segundo o mecanismo empregado para moer o gran: muíño de auga e muíños de vento.
Os muíños hidráulicos son os máis abundantes no municipio e utilizan como fonte de enerxía para mover o mecanismo de moenda a forza da auga dos regatos. Os muíños de auga teñen interese máis alá da moenda do cereal xa que eran moitas veces un lugar de reunión e de encontro das xentes sendo coñecidas as muiñadas como pequenas festas improvisadas mentres se agardaba o turno de moenda ou mentres non se acababa de moer o millo.

Foto de horreo en Frións.
Os muíños eólicos, nembargantes, utilizan o vento como fonte de enerxía para mover os mecanismos de moenda do gran.
No concello coñécese a existencia de varios muíños de vento (en Carreira, Martín, etc...) pero hoxe en día están todos arruinados ou desaparecidos.
|