|
Patrimonio etnográfico.
Horreos.
Son sen lugar a dúbidas as construccións máis características da paisaxe agraria tradicional non só do municipio senón tamén de toda Galicia.
O hórreo é un lugar destinado ao almacenamento e máis ao secado do millo, función que implica unha boa ventilación e estar afastado das alimañas.
Os hórreos poden ser de moi diferente tipoloxía pero en Riveira abondan os de pedra de granito que se erguen sobre varios pés de apoio con tornarratos ou pezas saíntes para evitar fundamentalmente o acceso de roedores ao gran. Sobre estes pés érguese o corpo de almacenamento do hórreo que soe ser de forma rectangular e presentar pequenas aberturas para poder ventilar o almacenado.
Exemplos destacados pódense ver en prácticamente tódalas parroquias do Concello, principalmente nas de maior tradición rural.

Foto de horreo en Frións.
|