Patrimonio arqueolóxico.

O porto fenicio da Covasa.

Coñécese con esta denominación ao vello espigón situado na Covasa, en Aguiño. Unha ringleira de enormes perpiaños ciclópeos ordenadas en tres escalóns prolóngase case 70 metros cara ao mar. Pechando o peirao e xa en terrra firme vese un muro de 22 m. de longo, feito tamén con grandes perpiaños de granito, que se dispón transversal ao peirao e onde se aprecian rebaixes que parecen corresponderse con restos de canalizacións así como dun sistema de acceso a base de escalóns.

Este elemento ten divididos aos investigadores. Uns estudos aseguran que esas pedras aínda tan ben dispostas son os restos dun porto que os fenicios construíron en Aguiño para facer escala nas súas frecuentes viaxes comerciais polas nosas costas alá polos séculos XII a VIII a. C., cando este pobo do Oriente Medio se atopaba no esplendor do seu éxito no tráfico e compra-venda de mercadorías. Se ben, voltando á polémica, outros defenden que se trata de vestixios dunha fábrica de salgado dos florecentes tempos en que os cataláns deron pulo á economía da zona. Parece que esta última interpretación é a correcta.

Como chegar

O Peirao Fenicio atópase a 500 metros do auténtico porto de Aguiño. Está sinalizado e a única dificultade é o último tramo, que non conta con capa de asfalto.

 
Todolos contidos e fotografías publicadas en este Web Site pertencen o Concello de Riveira.
Para máis información: 981.871.050. Noticica errores en 981.875.144 | soporte@infoeclipse.com
Contenidos y fotografías de la sección de realizadas por Miguel A. Vidal Lojo