| Presentación
Aspectos xerais
Esta etapa da prehistoria caracterízase polo cambio dunha economía baseada na caza e recolección a unha economía productora aparecendo a agricultura e a gandeiría e xeralizándose, por tanto, a sedentarización das xentes.
O termo Neolítico ou pedra nova (do grego “neo”: nova, “lítico”: pedra) en contraposición á pedra antiga da etapa anterior coñecida tamén como Paleolítico (do grego “paleo”: antigo, “lítico”: pedra) supón unha das grandes evolucións económicas da humanidade. Inicialmente déuselle este nome en razón dos achados de ferramentas de pedra pulimentada que parecían acompañar o desenvolvemento e a expansión da agricultura. Hoxe en día defínese o neolítico precisamente en razón do coñecemento e uso da agricultura e gandeiría. Normalmente vai acompañado polo traballo da cerámica.
Por tanto, a agricultura e a gandeiría cambiaron as condicións de vida. Os campesiños establecéronse en aldeas permanentes, o que lles permitiría erguer monumentos que esixían unha longa presencia no mesmo lugar e unha paciente elaboración durante certo tiempo. As mentalidades evolucionaron e a relixión transformouse, baseada, máis que todo, en cultos astronómicos. Foron construídas tumbas en pedra para os mortos como así o reflicten os megalitos ou dólmens; e levantáronse así mesmo pedras cara ao ceo: os menhires....
Cronoloxía
Todo isto ocorre no noroeste peninsular cara ao ano 5.000 antes de Xesucristo segundo os métodos de datación máis actuais coma o radiocarbono (Carbono 14). Durante 2.500 anos, é dicir, do ano 5.000 ao 2.500 a.C. dolmens e menhires foron construídos en Riveira como unha testemuña de fe relixiosa das primeiras poboacións de agricultores que habitaron a zona.
| Glosario: |
| SEDENTARIZACIÓN: Proceso de fixación da poboación nun lugar determinado. |
|
|