O menhir da Agra é un elemento singular dentro do panorama da prehistoria galega. Xunto co menhir de “A Lapa de Gargantáns” en Moraña, Pontevedra, e “A Pedra Fincada” en Marín, Pontevedra (único menhir localizado na súa posición orixinal e escavado con metodoloxía arqueolóxica), trátase dun dos poucos menhires presentes hoxe en Galicia. Deberon ser moitos os menhires existentes na nosa terra pero o paso do tempo pasoulles factura facendo que pouco a pouco perdesen ese valor simbólico que tiveran antano e fosen aproveitados como materia prima polas sociedades máis modernas.
O menhir localízase no lugar de Bretal (parroquia de Santa María de Olveira). Atópase, na actualidade, nunha propiedade particular relativamente perto do dolmen de Axeitos e constitúe unha das últimas contribucións ao “megalitismo” galego xa que foi descuberta na segunda metade do decenio dos 90, enterrada a uns dous metros de profundidade en posición horizontal. Presenta forma triangular apuntada cos lados asimétricos (un recto e o outro convexo) e unha lonxitude máxima de 250 cm, mentres que o grosor alcanza os 50 cm.
O descoñecemento da súa ubicación original impide coñecer os aspectos orixinais da súa implantación en posición vertical(que é o máis probable) ou horizontal (que é como apareceu, se ben esta é improbable e sería atribuíble á súa degradación debido ao paso do tempo) así como da orientación que terían os gravados.
Respecto ao seu emprazamento, hai que reseñar que está probablemente e segundo información do seu descubridor, nunha zona cha, constituída polo Val de Artes, no que tamén se localiza, como se dixo máis arriba, o Dolmen de Axeitos (1,5 qm en liña recta). No que se refire á súa relación con outros xacementos, debemos decir que existen pequenos grupos de túmulos como as mámoas do Monte Facho ou Outeiro Gordo na zona de Corrubedo, a unha distancia similar á mencionada antes, e que cos dados dos que dispoñemos parecen ser os túmulos máis próximos.
Menú de contidos de esta sección:
Navega a través dos bloques de contido desta sección facendo click nos enlaces que se atopan a continuación.
Todolos contidos e fotografías publicadas en este Web Site pertencen o Concello de Riveira.
Para máis información: 981.871.050. Notifica erros en
981.875.144 | soporte@infoeclipse.com
Contenidos y fotografías de la sección de realizadas por Miguel A. Vidal Lojo