As primeiras referencias escritas sobre o dólmen de Axeitos atópanse nas citas sobre a localización de elementos arqueolóxicos recollidas por Frai Martiño Sarmiento no libro Viaxe a Galicia, aló por mediados do século XVIII. Máis tarde aparecen reseñas en escritos de Manuel Murguía no ano 1901 e máis recentemente no tempo, a principios do século XX, no ano 1927, nun traballo feito por Florentino López Cuevillas e Fermín Bouza Brey e publicado na revista Nós sobre a Prehistoria e folklore da Barbanza. A partires de finais do século XX o dólmen de Axeitos vai aparecer recolleito non só en numerosos folletos e guías de turismo senón tamén en publicacións científicas relacionadas co megalitismo tanto en Galicia e na península coma no estranxeiro, converténdose como ben dixera D. Carlos García Bayón no “partenón da arte megalítica”.
A modo de anécdota, dicir que era tan admirado e coñecido e posuía tal simboloxía que era bastante usual, no seu tempo, ver no lugar a xentes destacadas da cultura coma é o caso do universal D. Ramón María del Valle Inclán.
Menú de contidos de esta sección:
Navega a través dos bloques de contido desta sección facendo click nos enlaces que se atopan a continuación.
Todolos contidos e fotografías publicadas en este Web Site pertencen o Concello de Riveira.
Para máis información: 981.871.050. Notifica erros en
981.875.144 | soporte@infoeclipse.com
Contenidos y fotografías de la sección de realizadas por Miguel A. Vidal Lojo