|
Presentación
Aspectos Xerais
Se existe algún factor que diferencie claramente o fenómeno castrexo en relación ao período precedente, este é sen dúbida o modelo de ocupación do espacio.
A Idade do Ferro en Galicia ven marcada polo Castro como elemento fundamental da sua paisaxe. Nesta época espállase por Europa a metalurxia do ferro e aparecen nos castros de maneira xeralizada os obxectos metálicos en bronce (sobre todo para adorno personal) e en ferro (para ferramentas). Destaca tamén a ourivería coa fabricación de torques, arracadas, fíbulas).
 |
|
Exemplos dalgúns torques fabricados
en ouro. |
Arracada de ouro descuberta no
castro de Baroña. |
No concello de Riveira hai catalogados un total de 5 castros, se ben hai noticias dalgún castro máis. Un localízase na cima do Monte Facho, en Corrubedo; outro no cumio do monte Tahume,en Olveira; outro en Artes, outro, quizais o máis coñecido, no monte do Castro da Cidade; e por último o Castro de Porto Baixo na Graña (Carreira).
Cronoloxía
A cultura dos castros no Noroeste da península pódese situar entre o século VII antes de Xesucristo ao século II despois de Xesucristo
A formación de poboados fortificados e o control do contorno
As densidades de poboamento existentes durante a Idade do Ferro, en comparación co período precedente, deron lugar a unha transformación máis intensa do medio natural, converténdoo nunha paisaxe moito máis humanizada ca aquela que podemos encontrar en calquera momento anterior. A modificación da paisaxe na época castrexa é fundamentalmente debida á acción do Home. Dunha parte, o paulatino incremento da poboación obrigou ao cultivo de novos terreos, a expensas da redución dos bosques dos vales. Doutra, as maiores necesidades de madeira para combustible e como material constructivo, van nomesmo sentido. Esta redución das manchas arbóreas encóntrase ben testemuñada a través das análises polínicas.
Paralelamente, na modificación do medio prodúcese unha apropiación do espacio por parte de cada un dos poboados fortificados, converténdose aquel en territorio da comunidade; isto é, o espacio adquire unha compoñente político-social máis acentuada, e como consecuencia unha clara fixación dos poboados e unha maior competición entre os diferentes poboados ou aldeas, expresada nas súas murallas, expoñentes da complexidade da sociedade.

Exemplo de poboado castrexo fortificado. Castro de Baroña.
| Glosario: |
CASTRO: Asentamiento fortificado da Idade de Ferro (aproximadamente entre os séculos VII antes de Cristo ao século II despois de Cristo) composto por unha muralla ou parapeto, que delimita un recinto no que se dispoñen as vivendas de morfoloxía circular, ovalada, rectangular ou cadrangular. |
|
|