Castro de Porto Baixo

Quen viveu no castro.

Debido ao actual estado de investigación, aínda en fase preliminar, descoñécese practicamente todo do castro. Descoñécese a etnia do castro, nada se sabe pois non deixaron nada escrito, descoñecemos a cantidade de casas que tería o castro e por tanto os número de habitantes aproximado, pois ainda non se levou a cabo unha excavación arqueolóxica ámplia que permita atopar restos das mesmas.


Muiño de man.

Por paralelos con outros castros escavados pódese decir que estas xentes vivirían botando man dos moitos recursos que o seu enclave lles ofrece. Por un lado apesca e marisqueo, recurso moi importantes nestes castros de tipo costeiro. Sen dúbida, a recolleita de pequenos moluscos debeu de ser un labor moi cotián no castro. E tamén moi probable é que se fixera pesca desde pequenas embarcacións perto de terra.

Ademais, outro recurso importante sería a agricultura e a gandeiría, pois nas contornas os terreos son aptos para desenvolver estas tarefas.

Descoñécnese igualmente os motivos polos que o castro de Porto Baixo deixou de estar habitado. Tampouco coñecemos onde se trasladaron os seus habitantes, se ben a xeito de hipótese é moi posible que se reasentasen nunha zona cercana.


Recipiente cerámico

O coñecemento das xentes que habitaron este castro só será posible cando se realice unha intervención arqueolóxica de maior envergadura cuios dados serán fundamentais para a investigación do pasado no xacemento e para coñecer dun xeito real a forma de vida no poboado, mentras tanto haberá que conformarse coa hipótese especulativa.

Menú de contidos de esta sección:
Navega a través dos bloques de contido desta sección facendo click nos enlaces que se atopan a continuación.
Castro de Porto Baixo
Cómo se descubriu o castro
Recentes traballos de excavación arqueolóxica
¿Quén viviron no castro?
 
Todolos contidos e fotografías publicadas en este Web Site pertencen o Concello de Riveira.
Para máis información: 981.871.050. Notifica erros en 981.875.144 | soporte@infoeclipse.com
Contenidos y fotografías de la sección de realizadas por Miguel A. Vidal Lojo