O castro de Porto Baixo localízase nunha paraxe de gran valor paisaxístico e ecolóxico no municipio de Santa Uxía de Riveira, no lugar de A Graña, parroquia de S. Pedro de Carreira dentro da superficie declarada Parque Natural do Complexo Dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán.
Trátase dunha pequena aldea costeira fortificada con defensas artificillas no sector do recinto que se une a terra con dúas grandes murallas paralelas.
O recinto do castro ten actualmente unha morfología ovoide delimiteado por unha muralla no seu sector sudeste que supón o límite externo. No interior existe tamén un terraplén areoso de configuración pouco uniforme aínda que continua e que constitúe a forma ovoide do recinto articulando un espacio de aproximadamente 90x40m. O interior deste recinto presenta unha superficie irregular no terreo, o que evidencia de seguro a existencia de escavacións furtivas.
O castro de Porto Baixo ocupa unha pequena península na plataforma litoral orientada ao noroeste, entre dous portos naturais: Porto Baixo e Anquieiro, este último utilizado como varadeiro de dornas, ata hai ben pouco, malia as súas malas condicións de atraque.
Foto aérea da península que ocupa o castro
Menú de contidos de esta sección:
Navega a través dos bloques de contido desta sección facendo click nos enlaces que se atopan a continuación.
Todolos contidos e fotografías publicadas en este Web Site pertencen o Concello de Riveira.
Para máis información: 981.871.050. Notifica erros en
981.875.144 | soporte@infoeclipse.com
Contenidos y fotografías de la sección de realizadas por Miguel A. Vidal Lojo