|
Castro da Cidá
O xacemento castrexo máis popular na zona de Riveira atópase no chamado Monte da Cidá, 40 metros máis alto có Mirador da Pedra da Rá, cunhas espectaculares vistas, e no curuto coñecido como O Castro. Aínda sen facer unha investigación a fondo, o poboado castrexo estructúrase arredor dun recinto superior a xeito de acrópole que presenta unha forma ovalada de 40x30m e que aproveita os afloramentos graníticos do cumio do monte. Polo Sur e o Oeste un terraplén da paso a un segundo recinto ou antecastro delimitado por unha sucesión de parapeto-terraplén que defende o xacemento na zona máis accesible. Na zona Norte un escarpe de gran altura actúa a modo de defensa natural. O aspecto negativo do xacemento ven dado pola actividade incontrolada de extracción de pedra que se fixo hai moitos anos na zonaque ocupa o castro e que puido afectar ao xacemento.

Panorámica do castro
A paisaxe que se observa desde o xacemento é impresionte xa que controla de maneira total todo o ámbito do parque natural.
Debido a escavacións furtivas, actualmente pódese ver na zona máis alta, un pequeno tramo de muro que posiblemente pertence a unha vivenda castrexa de morfoloxía circular.

Detalle dunha vivenda castrexa
|