 |
|
Glosarios de termos
- ALIÑAMENTO: fileira de menhires ou toda unha serie de menhires coa mesma orientación.
.
- ARRACADAS: Pendentes de época castrexa. Ían pendurados da parte superior da orella por unha cadea ou suxeitos a presión por dous saíntes.
.
- BATOLITO: Pedra de grandes dimensións fundamentalmente de aspecto redondeado en material granítico.
.
- CALCOLÍTICO: Tamén chamada Idade do Cobre. Etapa dentro da idade dos metais caracterizada pola incorporación do metal (concretamente do cobre)á vida social e pola xeralización dun recipente cerámico chamado vaso campaniforme. En datas cornolóxicas estaríase a falar do 2.200 ao 1.800 antes de Xesucristo.
.
- CAMPANIFORME: Coñécese co nome de vaso campaniforme a un recipente cerámico con forma de campá invertida e que aparece con certa frecuencia en xacementos do período calcolítico.
.
- CASTRO: Asentamiento fortificado da Idade de Ferro (aproximadamente entre os séculos VII antes de Cristo ao século II despois de Cristo) composto por unha muralla ou parapeto, que delimita un recinto no que se dispoñen as vivendas de morfoloxía circular, ovalada, rectangular ou cadrangular.
.
- CAZOLETAS: motivos gravados en pedra consistentes en pequenas covas ou ocoshemiesféricos. Poden aparecer illados, asociados ou formando grupos. Estes motivos soen ser de pequenas dimensións con diámetros medios de arredor de 5 cm.
.
- CORAZA PÉTREA: ver mámoa.
.
- CORPUS INSCRIPTIONUM LATINARUM: Conxunto de todas as inscricións recoñecidas como de época romana.
.
- CROMLECH: Término que define unha serie de menhires que adoptan unha posición circular.
.
- DOLMEN: Monumento megalítico en forma de mesa constituído por unha ou máis laxas colocadas horizotalmente sobre dúas ou máis pedras verticais. A tradición encargouse de estereotipar a imaxe do dolmen como unha esa de pedra colocada sobre varias pilastras. A verdade é outra, houbo algúns dolmens sinxelos desta índole, pero desde un principio tamén se construíron dolmens con corredores e de moi variadas tipoloxías.
.
- ESTELA: placa sobre a que se realiza algún tipo de motivo gravado ben sexa alfabetiforme ou iconolóxico. Neste caso utilizamos ESTELA FUNERARIA para definir un elemento funerario romano con inscricións en latín e que serviría para identificar a tumba dun defunto. Iría colocaa de forma vertical na parte posterior dun enterramento.
.
- FÍBULA: Elemento parecido a un imperdible usado en época romana para suxetar a vestimenta.
.
- IDADE DOS METAIS: etapa da Prehistoria determinada pola presencia do metal como elemento “definidor” de grupos sociais que viviron entre os anos 2800 a.C ao 900 a.C. Esta etapa comprende o CALCOLÍTICO (Idade do Cobre) e a Idade do Bronce.
.
- IDADE DO FERRO: Fase cronocultural comprendida entre os séculos VII a.X. ao s. I d. X. que ten como característica máis visible na paisaxe a presencia de asentamentos fortificados tamén chamados Castros.
.
- IDOLOS: Pequenos artefactos, normalmente feitos en pedra, que aparecen con certos riscos esquemáticos de tipo antropomorfo como ben puidese ser a súa forma romboidal, ou pequenas escotaduras ou liñas incisas a modo de simulación de extremidades. Xogan un papel cultural ou ritual ao seren depositados en lugares moi concretos dos monumentos tubulares sobre todo nas zonas de accesos.
.
- MÁMOAS: Monumentos funerarios colectivos. Soen ser espacios circulares de entre 15 a25 metros de diámetro aproximadamente compostos por unha estructura dolménica que é cuberta por un túmulo de terra e en moitos casos presentan ou ben un revestimento de pedra ou ben un círculo de pedras.
.
- MEGALITO: Monumento prehistórico construído con grandes pedras normalmente sen labrar. Os principais tipos son menhir e dolmen.
.
- MENHIR: Monumento megalítico formado por unha pedra alongada fincada verticalmente no chan. Os menhires son monumentos funerarios ou conmemorativos. A pedra pode estar en estado bruto, tallada ou levar figuracións simbólicas gravadas.
.
- NEOLÍTICO: Período prehistórico no que se desenvolve a agricultura e a gandeiría, co que o Home tornouse productor e sedentario. Abrangue aproximadamente do ano 5.000 ao 2.500 a.d.C.
.
- NECRÓPOLE : conxunto de tumbas
.
- ORTOSTATO: Cada unha das grandes lousas de pedra que conforman o dolmen e que soportan a lousa de cuberta.
.
- PETROGLIFOS: A palabra deriva de “petros”: pedra e “glifo”: gravado. Trátase de gravados sobre pedra, de moi diferentes tipos (animais, motivos geométricos, armas, etc.) que poden ser de época histórica ou prehistórica. Non obstante, é moi habitual que cando nos referimos a este termo vaia implícito, na maioría dos casos, a súa pretensa a unha etapa prehistórica.
.
- PUNTILLADO: Técnica decorativa aplicada na cara externa dalgúns recipientes cerámicos. A técnica realízase con algúns instrumento de pequeno tamaño que ás veces pode ser un pequeno rolo que se aplica directamente sobre a vasilla antes da súa cocción.
.
- ROMANIZACIÓN: Fenómeno cultural que define o sometemento das poboacións indíxenas (a nível administrativo, xurídico e económico) por parte do Imperio Romano a partir do século I antes de Cristo.
.
- SEDENTARIZACIÓN: Proceso de fixación da poboación nun lugar determinado.
.
- TORQUES: Elemento ornamental de metal ou de ouro de forma semicircular para colocar no brazo ou no pescozo.
.
- TUMULO: Termo xeral que designa unha sepultura composta de pedras de terra ou das dúas. De forma cónica o túmulo pode cubrir tumbas, dolmens,neste caso coñécese comunmente como Mámoas, modorras, medoñas, etc.
.
- ZOOMORFO: motivo gravado en forma de animal (cabra, cervo etc.)
|
|
 |
|
|
|