|
A Romanización
Aspectos Xerais
Antes da cegada da conquista romana a paisaxe do municipio de Riveira estaba dominada polos asentamentos castrexos.
Tras varios enredos e contactos, entre os anos 29 a 19 antes do Cristo, prodúcese a definitiva conquista romana do Noroeste peninsular.
Cando os romanos ocupan e dividen o territorio definen unha área ao Norte, o Convento Xurídico Lucense, con capital en Lucus Augusti (a actual cidade de Lugo), e o Convento Xurídico Bracarense con capital en Bracara Augusta no Sur (a actual cidade de Braga en Portugal). Deste modo o actual municipio de Riveira estaría dentro do Convento Xurídico Lucense.
No momento actual de investigación, non se coñece, de maneira firme, ningún xacemento habitacional claro que poida adscribirse a este momento, agás a máis que posible existencia, aínda sen investigar, dalgún nivel de ocupación nalgún castro do municipio.
Os únicos restos arqueolóxicos vinculables ao mundo romano teñen que ver coa morte e coa aparición de dúas ESTELAS FUNERARIAS localizadas no lugar de Bretal.
Cronoloxía
A cultura romana no noroeste comeza de modo pleno a mediados do século I antes de Cristo tras a conquista de César, e termina arredor do século V despois de Cristo.
| Glosario: |
| ROMANIZACIÓN: Fenómeno cultural que define o sometemento das poboacións indíxenas (a nível administrativo, xurídico e económico) por parte do Imperio Romano a partir do século I antes de Cristo. |
|
|