En 1754 o ilustrado Padre Sarmiento deixaría constancia escrita da existencia dunha estela funeraria cunha inscrición que copiaría no seu caderno de viaxe. Esta estela recollda nunha finca realizando tarefas agrícolas, localizouse asociada a diferentes vasillas cerámicas e fragmentos de vidro. Diversos especialistas estudaron esta inscrición, sendo incluída no Corpus Inscriptionum Latinarum.
No texto desta primeira estela o marido consagra aos “deuses mans” a súa defunta esposa, muller que morre aos 34 anos de idade (XXXIV ANNOR). Así mesmo termina a frase final dicindo que “o tránsito á terra sexa tranquilo”.
Por outra parte, o achado dun fragmento dunha segunda estela, ao parecer tamén na zona de Bretal, chega a Santiago cara ao ano 1960 (actualmente atópase no Museo da Catedral) e vén aumentar as sospeitas encol da posibilidade de que na zona se localice unha necrópole romana.
A estela está realizada sobre soporte granítico cunhas medidas de 49 x 41x 13cm. Na zona superior pódese entrever o comezo dunha decoración en arcos. No seu panel principal obsérvanse letras gravadas cuio tamaño de letra oscila entre os 7 e 8,5 cm. Debido á particular fórmula dedicatoria D M T, esta estela pode datarse entre os século II e III despoisde Cristo.
Glosario:
ESTELA: placa sobre a que se realiza algún tipo de motivo gravado ben sexa alfabetiforme ou iconolóxico. Neste caso utilizamos ESTELA FUNERARIA para definir un elemento funerario romano con inscricións en latín e que serviría para identificar a tumba dun defunto. Iría colocaa de forma vertical na parte posterior dun enterramento.
CORPUS INSCRIPTIONUM LATINARUM: Conxunto de todas as inscricións recoñecidas como de época romana.
Todolos contidos e fotografías publicadas en este Web Site pertencen o Concello de Riveira.
Para máis información: 981.871.050. Notifica erros en
981.875.144 | soporte@infoeclipse.com
Contenidos y fotografías de la sección de realizadas por Miguel A. Vidal Lojo