|
A idade dos Metais
Aspectos xerais
A Idade dos metais supón un momento de transformacións na estructura da sociedade que comeza a voltarse máis complexa aparecendo elites máis poderosas que encetan un proceso de xerarquización social.

Exemplo de varios vasos de cerámica “campaniforme”.
Na zona de Riveira detéctanse evidencias desta época. Concretamente na zona de Couso, no chamado Punta Pericos existe un xacemento habitacional que aproveita os abrigos naturais rochosos. Nesta zona atopáronse en superficie restos cerámicos campaniformes encadrables no calcolítico. Coñécese un destes fragmentos que presenta unhas decoracións a base dunha ampla franxa de 14 liñas paralelas puntilladas .

Contorno de xacementos desta época na zona de Couso.
A manifestación artística máis destacada da idade dos metais, fundamentalmente da Idade do Bronce, son os gravados rupestres ou petroglifos.
Cronoloxía
A liña cronolóxica vai desde o 2200-1800 (Calcolítico) ata o 1800-800 a.X.(Idade do Bronce)
| Glosario: |
CAMPANIFORME: Coñécese co nome de vaso campaniforme a un recipente cerámico con forma de campá invertida e que aparece con certa frecuencia en xacementos do período calcolítico.
CALCOLÍTICO: Tamén chamada Idade do Cobre. Etapa dentro da idade dos metais caracterizada pola incorporación do metal (concretamente do cobre)á vida social e pola xeralización dun recipente cerámico chamado vaso campaniforme. En datas cornolóxicas estaríase a falar do 2.200 ao 1.800 antes de Xesucristo.
PUNTILLADO: Técnica decorativa aplicada na cara externa dalgúns recipientes cerámicos. A técnica realízase con algúns instrumento de pequeno tamaño que ás veces pode ser un pequeno rolo que se aplica directamente sobre a vasilla antes da súa cocción.
IDADE DOS METAIS: etapa da Prehistoria determinada pola presencia do metal como elemento “definidor” de grupos sociais que viviron entre os anos 2800 a.C ao 900 a.C. Esta etapa comprende o CALCOLÍTICO (Idade do Cobre) e a Idade do Bronce.
|
|
|