Os gravados nas rochas van desde motivos xeométricos (círculos concéntricos, espirais, labirintos), zoomorfos, escenas de caza ou equitación, armas, etc. Isto fai que para cada un deles se teñan varias interpretacións.
Os autores dos gravados rupestres deixaron neles unha mensaxe codificada, que pertence a unha cultura distinta e moi lonxana no tempo, o cal fai difícil actualmente unha interpretación correcta, pois non posuimos o código para descifralos. Sen embargo, hai estudiosos que formulan varias hipóteses entre as que se poden destacar para o caso das figuras de animais, tres tipos de explicación. Por un lado que se trata dunha especie moi cazada na época (apreciada, tal vez, pola cantidade ou calidade da súa carne) e por iso se representaba. Por outro lado, estes petroglifos sinalan zonas de paso destes animais ou que, por outra banda, é posible que este animal tivera para as xentes do momento unha forte compoñente relixiosa ou simbólica como símbolo de fecundidade, por exemplo.
Menú de contidos de esta sección:
Navega a través dos bloques de contido desta sección facendo click nos enlaces que se atopan a continuación.
Todolos contidos e fotografías publicadas en este Web Site pertencen o Concello de Riveira.
Para máis información: 981.871.050. Notifica erros en
981.875.144 | soporte@infoeclipse.com
Contenidos y fotografías de la sección de realizadas por Miguel A. Vidal Lojo