O Petroglifo da Pedra das Cabras é un dos exemplos mais coñecidos de gravados rupestres na comarca do Barbanza. Citado xa en numerosos estudos sobre o tema, a rocha luce a representación de dúas figuras zoomorfas, quizais cabras, nunha das caras mayores dun batolito de granito de grande tamaño afectado nun dos seus extremos pola actividade canteira.
Os corpos dos animais de morfoloxía rectangular rematan nun longo colo para logo esbozar as cabezas quizais desproporcionadamente estreitas e alongadas. Chama a atención a presencia de 6 patas en cada animal, o que posiblemente habería que poñer en relación coa intencionalidade de representar as figuras en movemento.
Petroglifo pedra das cabras.
A sección e desgaste dos sucos fixo que algúns estudiosos falasen dunha posible datación destes gravados na época histórica. Hai que dicir neste senso que o petroglifo está e estivo sometido dende hai moitos anos a numerosos e constantes reavivados coa intención de resaltar os gravados.
Glosario:
BATOLITO: Pedra de grandes dimensións fundamentalmente de aspecto redondeado en material granítico
Todolos contidos e fotografías publicadas en este Web Site pertencen o Concello de Riveira.
Para máis información: 981.871.050. Notifica erros en
981.875.144 | soporte@infoeclipse.com
Contenidos y fotografías de la sección de realizadas por Miguel A. Vidal Lojo