Os Petroglifos ou gravados rupestres ó aire libre.

Un dos aspectos maís destacados da prehistoria en Galicia é a presencia dunha gran cantidade de gravados rupestres ao aire libre, na súa mayoría sobre granito, que converte a nosa comunidade nun caso excepcional pola cantidade e calidade dos mesmos. O amplo número de motivos e a complexidade dos temas representado suscitaron o interese desde hai moitos anos por parte de investigadores tanto nacionais como estranxeiros.

A maior concentración dase no occidente galego e dun xeito especial no contorno das rías de Pontevedra e Vigo. Se ben a medida que avanza a investigación arqueolóxica están a aparecer novos núcleos de gravados neutros lugares de Galicia. Isto mesmo está a suceder na zona do Barbanza, onde grazas, en boa medida, ao labor de aleccionados á arqueología está a saír á luz novas pedras con gravados rupestres.


Glosario:

PETROGLIFOS: A palabra deriva de “petros”: pedra e “glifo”: gravado. Trátase de gravados sobre pedra, de moi diferentes tipos (animais, motivos geométricos, armas, etc.) que poden ser de época histórica ou prehistórica. Non obstante, é moi habitual que cando nos referimos a este termo vaia implícito, na maioría dos casos, a súa pretensa a unha etapa prehistórica.

 
Todolos contidos e fotografías publicadas en este Web Site pertencen o Concello de Riveira.
Para máis información: 981.871.050. Notifica erros en 981.875.144 | soporte@infoeclipse.com
Contenidos y fotografías de la sección de realizadas por Miguel A. Vidal Lojo